HomePolíticaEsperta Monforte busca unidade para esixir a finalización do Porto Seco

Esperta Monforte busca unidade para esixir a finalización do Porto Seco

Esperta Monforte presenta a pleno unha moción para que o alcalde de Monforte solicite, de forma urxente, unha entrevista co Ministro de Fomento en funcións, a que acudiría unha comisión con representación de todos os partidos representados na corporación para desbloquear a situación do Porto Seco.

Publicado o

- Advertisement -

Desde que se anunciara o proxecto de construción do Porto Seco por parte do presidente do Goberno español, Jose M.ªAznar, no ano 2001 xa pasaron 18 anos e este proxecto segue sen concluirse, debidos ao múltiples atrancos e atrasos aos que se veu sometido ao longo do tempo.

Para o seu funcionamento son esenciais adecuadas conexións coa rede viaria prinicipal , inicialmente estaba previsto unha conexion co corredor Sarria -Monforte e coa estrada N-120.Este proxecto de conexión, que data do ano 2006, tivo que ser modificado no 2015 por exixencias do Ministerio de Fomento”, sinalan desde Esperta.

O proxecto final do enlace coa N120 foi presentado e financiado  pola Xunta de Galicia  e recibiu o visto b do Ministerio de Fomento no 2018 despois de ser reformado para adaptalo ao futuro trazado da hipotetica A76. “Cando parecia que por fin se finalizaría esta conexión, 13 anos despois de proxectada, vese de novo freada por unha decisión do ADIF por unha cuestión menor, a eliminación dun paso a nivel sen barreiras existente dende hai moitas décadas nunha das pistas do regadío de uso agrícola e sen apenas tránsito.”

Segundo Esperta, este proxecto estratéxico para o futuro de Monforte e para toda a comarca de Lemos,  merece unha postura unitaria de todos os grupos con representación municipal, e en xeral de toda a sociedade monfortina para esixir a súa finalización sen máis dilacións .

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...