HomePolíticaPodemos pon en marcha o seu círculo de Monforte

Podemos pon en marcha o seu círculo de Monforte

Podemos celebrará, este mércores 27 de novembro, en Monforte de Lemos unha asemblea destinada a poñer en marcha o seu círculo territorial na localidade, na que se informará sobre as accións a realizar para reactivar a actividade política do partido no municipio.

Publicado o

- Advertisement -

A reunión celebrarase ás 20.15 na cafetería JR (Rúa Roberto Baamando, 125), e contará coa asistencia de Isabel Faraldo, secretaria de Círculos e co-voceira do Consello de Coordinación de Podemos Galicia; Borja San Ramón, adxunto á Secretaría Xeral, e José Manuel Pérez Afonso, secretario local de Podemos e Lugo e secretario de Formación e Área Interna da Executiva galega de Podemos.

Os círculos son agrupacións voluntarias e abertas de persoas que converxen a partir do seu interese polo cambio social e político, e se sustentan no funcionamento democrático e na participación. Teñen independencia organizativa e calquera persoa pode poñelos en marcha, sen que faga falta estar inscrita ou ser membro de Podemos.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...