HomePolíticaCC.OO. pide acción conxunta para arranxar a N-120

CC.OO. pide acción conxunta para arranxar a N-120

A secretaría de Acción Sindical entende que é o momento de crear unha comisión de alcaldes afectados polo deterioro desta estrada para que, xunto a José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo, poidan presionar na demanda de solucións.

Publicado o

- Advertisement -

Este sindicato lembra que no ano 2007 creouse unha comisión encabezada por Tomé, daquela tenente de alcalde de Monforte, Ovidio Pérez e Ramiro Vila -representantes da CEL (Confederación de Empresarios de Lugo)- e o sindicato U.G.T. para entrevistarse co secretario xeral de Infraestruturas cando estaba como ministro José Blanco.  Daquela a misión era presionar para que o trazado da futura A-76 pasara por terras monfortinas.

Recuperando ese momento histórico, dende CC.OO. piden que Tomé Roca se poña ao frente dunha comisión na que formen parte alcaldes dos concellos afectados polo mal estado da N-120, principal vía de acceso do sur lucense, representantes da CEL e sindicatos representativos; e todo co fin de presionar ao Goberno Central de cara a conseguir un arranxo estrutural desta estrada ou a activación do proxecto da A-76.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...