HomePolíticaO PP de Monforte reclama melloras no Colexio Novo e na Gándara

O PP de Monforte reclama melloras no Colexio Novo e na Gándara

O PP de Monforte presenta moción no concello solicitando melloras nas instalacións e contorna do Colexio Novo e a Gándara, melloras, que consideran necesarias para garantir a seguridade do alumnado.

Publicado o

- Advertisement -

O PP de Monforte asegura que na educación, as infraestruturas nas que se imparten os distintos niveis formativos deben estar nas mellores condicións como requisito para que o proceso educativo se desenvolva con comodidade, seguridade e eficacia. Segundo os populares, en Monforte hai centros que non cumpren plenamente estas condicións e presentan unha moción para que o concello aprobe melloras nos colexios de ensinanza Infantil e Primaria.

A portavoz popular en Monforte, Katy Varela, sinala que os representantes do Colexio Novo trasladaron ao Concello a necesidade de ampliar a entrada lateral,  para facilitar o movemento dos autobuses. A actual parada carece de marquesiñas e non existen beirarrúas. Para a ampliación da entrada do recinto é necesario proceder a adquisición dalgunha das fincas contiguas, segundo sinalan desde o PP.

Gándara / PP Monforte

Por outro lado, Katy Varela destaca que o Colexio da Gándara requiriu en distintas ocasións o asfaltado da entrada polo leste, que é o acceso principal do centro; xa que conta desde o 2016 con buracos causados polo paso de camións do Concello. Reclaman a limpeza exterior do centro, así como o inmediato arranxo das goteiras do pavillón grande.

A portavoz popular en Monforte lembra que a Lei Orgánica 02/2006 de Educación establece que “La conservación, el mantenimiento y la vigilancia de los edificios destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria o de educación especial, corresponderán al municipio respectivo” .

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...