HomePolíticaReservará a Deputación 10 millóns para o Plan Ribeira Sacra?

Reservará a Deputación 10 millóns para o Plan Ribeira Sacra?

O PP acusa a José Tomé, presidente da Deputación, de impedir co seu voto de calidade, que a Deputación se comprometa co Plan da Ribeira Sacra, reservando un mínimo de 10 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

A proposta presentada polo PP constitúe a emenda de substitución defendida pola deputada popular, Lola Castro, fronte a moción socialista en relación co Plan Ribeira Sacra. Os populares aceptan o primeiro punto de dita moción, en canto a que se faga público o texto completo do Plan Ribeira Sacra. Plan de Xestión da Paisaxe Cultural 2020-2030.

O PP destaca que o Plan Ribeira Sacra. Plan de Xestión da Paisaxe Cultural 2020-2030 forma parte da estratexia de xestión da paisaxe cultural da Ribeira Sacra coma ben de interese cultural. O Plan engloba 3 principios reitores: Coordinación dos investimentos e das accións que realizarán as distintas áreas sectoriais da Xunta; promoción integral do territorio; conservación do territorio a través de obxectivos, estratexias e programas de actuación.

O Plan contempla un orzamento de 34.6M€. Temporalizado entre 2020 e 2023 e procedente de cinco consellerías. Algúns dos investimentos xa foron iniciados e xa se presentou o proxecto de sinalización do Camiño de Inverno, cun investimento de 3M€.  A maiores, neste ámbito, destínanse para o Camiño de Inverno 1,5M€ dentro do Plan de Mantemento que, por primeira vez, asigna un contrato para cada vía. Tamén, a Ribeira Sacra acaba de ser declarada, polo Goberno galego, como Área de Rehabilitación Integral.

A deputada popular, Lola Castro, assegura que “estes son algúns exemplos que demostran o compromiso real da Xunta de Galicia coa candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO e que chocan coa actitude da Deputación de Lugo, da que, ata o momento, non consta que sumara nada ao Plan que, sendo impulsado pola Xunta, foi aberto a todo aquel que se quixera sumar.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...