HomePolíticaFaise xustiza co soldo da concelleira de urbanismo de Sarria

Faise xustiza co soldo da concelleira de urbanismo de Sarria

Unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo anula o acordo do Pleno que rebaixou o soldo de Silvia Vázquez Rodríguez, concelleira de urbanismo do Concello de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Foi nun Pleno celebrado o 28 de xullo de 2016 onde se adoptou o acordo de rebaixar o soldo da concelleira tras unha moción que presentaron os concelleiros do PP e os non adscritos. Estes propoñían, entre outros acordos, rebaixar o seu soldo en máis dun 50%, pasando de 11.000 a 5.000 euros anuais (uns 416 euros ao mes).

Tal acordo, entendido como inxusto, foi levado pola concelleira Silvia Vázquez a sede xudicial e o xoves facía público o fallo do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo nº 2  no que se anula o acordo plenario que lle rebaixaba o soldo.

A sentenza deixa sen efectos o acordo do 2016 porque os motivos esgrimidos pola oposición para a rebaixa do salario non eran certos e dita rebaixa tan só perseguía represaliar ao goberno municipal, nunha clara desviación de poder.

Vázquez cita o Fundamento Xurídico Cuarto da sentenza no que se evidencia que  “Los promotores de la moción no disfrazan su finalidad que es represaliar al equipo de goberno local, tiene un carácter marcadamente censor… La insidia preside los argumentos que sustentan la moción y así, puede comprobarse que a lo largo de su debate se han sucedido las intervenciones de los diferentes integrantes de la corporación local, llenas de reproches personales…”

Un fallo, en definitiva, que fai xustiza revocando un acordo que segundo palabras da concelleira “tan só perseguía evitar que puidese facer o meu traballo nunha concellería tan importante como a de urbanismo”.

 

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...