HomePolíticaMelloras por 40.000 euros dos accesos ao cemiterio de Monforte

Melloras por 40.000 euros dos accesos ao cemiterio de Monforte

A achega económica recibida polo goberno municipal está enmarcada na política de intervencións municipais levadas a cabo pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte vai recibir 40.000 euros por parte do goberno autonómico para colaborar na obra de mellora dos accesos ó cemiterio municipal e tamén a varias empresas da contorna, dúas de servizos funerarios e unha cooperativa, que se atopan a escasos metros. Os traballos a realizar no sitio serán a reparación do pavimento que presenta un estado actual moi deteriorado.

Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, sinala que este investimento responde ó programa de apoios para a mellora dos servizos municipais que ten en marcha o seu goberno. O obxectivo é potenciar as dotacións dos concellos para que os cidadáns poidan contar cos medios axeitados para ser o motor do desenvolmento económico local.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...