HomePolíticaMedidas do PSOE de Chantada contra a crise sanitaria e económica

Medidas do PSOE de Chantada contra a crise sanitaria e económica

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Chantada vén de presentar no Concello unha serie de propostas tanto no ámbito sanitario como económico para dar resposta á situación creada pola COVID-19.

Publicado o

- Advertisement -

En canto ás medidas sanitarias os socialistas chantadinos solicitan incrementar as labores de vixilancia por parte da Policía Local para previr actitudes incívicas que podan dar lugar a risco de contaxios. Coa reapertura de tendas e terrazas, distribuír kits de equipos de protección entre os establecementos que reabriron na Fase 1 da desescalada, formados por máscaras cirúrxicas, xel hidroalcólico, luvas e un protocolo de actuación con recomendacións hixiénicas. Nas tarefas de desinfección, piden manter as de rúas, espazos concorridos e equipamentos públicos realizadas ata o momento e realizar desinfeccións diarias dos espazos ocupados por terrazas de hostalería e restauración.

No que se refire ás medidas económicas, propoñen aprobar medidas fiscais de aprazamento do cobramento dos impostos municipais que tiveran que realizarse durante a vixencia do estado de alarma, como é o caso do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica. Cren necesario aprobar un plan de axuda contra a crise e de reactivación económica, cunha dotación orzamentaria suficiente dentro do proxecto de orzamentos para o exercicio 2020 que ainda non se presentou polo Goberno local.

Sobre as medidas organizativas no Concello, o Grupo Municipal Socialista cre preciso continuar coas convocatorias da Comisión de Actuación e Seguimento da Evolución do COVID-19 con frecuencia quincenal, para que siga sendo unha ferramenta de intercambio de información entre os distintos sectores e de aportación de novas propostas.

Os socialistas cren que é o momento de levantar a suspensión das sesións do Pleno, Xunta de Goberno Local, Comisións Informativas, xa que se dispón de todolos medios necesarios para realizar as reunións correspondentes seguindo as medidas preventivas que as autoridades sanitarias recomendan.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...