HomePolítica"A Xunta bota aos nenos e nenas do colexio público" di o...

“A Xunta bota aos nenos e nenas do colexio público” di o BNG de Sarria

O BNG de Sarria presentará unha moción urxente para reclamar ao goberno galego "solucións para o CEIP Frei Luis de Granada" e investimentos na residencia de maiores Nosa Señora do Carme.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Sarria acusa á Xunta de Galicia de “intentar baleirar o ensino público” coa súa xestión con respecto ao Ceip Frei Luis de Granada, pechado desde o pasado mes de xaneiro cando o deterioramento do edificio obrigou a reubicar o seu alumnado.

Segundo explican desde a formación nacionalista, as familias coñeceron este martes pola tarde a existencia dun plan da Consellería da Educación para reformar o centro. A información chegou ás familias ó día seguinte de rematar o período de prematrícula, o pasado luns polo que, ante a falta dunha alternativa para o inicio do vindeiro curso en condicións óptimas, algunhas decidiron reservar praza noutros centros.

“A Xunta, que nos ten acostumados a despregar toda a súa maquinaria de propaganda para anunciar outras obras, neste caso, decidiu calar e deixar pasar o prazo de reserva de matrículas. Só cabe pensar que foi unha manobra para botar aos nenos e nenas do colexio público”, explicou o voceiro nacionalista Efrén Castro.

O BNG de Sarria rexistrou este martes unha moción urxente para reclamar ao goberno galego “solucións para o CEIP Frei Luis de Granada”. A proposta acusa á Xunta de “estar centrada en convocatorias electorais” poñendo os intereses partidistas por riba do funcionamento dun servizo público básico como é a educación.

A moción tamén solicita á Xunta de Galiza que “asuma as súas competencias” e dote a residencia de maiores Nosa Señora do Carme con fondos para implementar as medidas de protección e prevención necesarias ante a Covid 19.

Efrén Castro recordou que “o goberno galego leva anos sen invertir un euro no xeriátrico malia que os servizos sociais son competencia da Xunta”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...