HomePolíticaTomé desautoriza á súa concelleira de tráfico, segundo EspertaMonforte!

Tomé desautoriza á súa concelleira de tráfico, segundo EspertaMonforte!

A carta dos sanitarios solicitando ao concello de Monforte a implantación de estratexias de distanciamento estaba firmada tamén pola concelleira de tráfico polo que EspertaMonforte! considera que "o alcalde desautoriza completamente á sua propia concelleira, o que nos parece un xesto vergonzoso e que amosa unha absoluta prepotencia e pouco respecto pola labor dos seus compañeiros de goberno."

Publicado o

- Advertisement -

O pasado 15 de maio un grupo de médicos do centro de saúde de Monforte presentaban no Concello unha carta solicitando a implantación dunha serie de estratexias que incidiran no distanciamento físico das persoas como forma fundamental de evitar a transmisión dA COVID19.

Entre estas medidas, figuraban a peatonalización  de rúas céntricas, considerar medidas que incidan nun menor fluxo de persoas durante as horas de práctica no paseo fluvial, e a persuasión no uso de mascarillas por parte da cidadanía.

Estas medidas teñen que ver con aspectos sanitarios, e con aspectos de reordenación de tráfico e mobilidade cidadá. Segundo EspertaMonforte!, nos medios de comunicación  “esta solicitude foi calificada polo alcalde como “máis política que outra cousa” facendo oídos sordos ás recomendacións dos profesionais da sanidade e negándose a convocar o Consello Municipal de Saúde. Non podemos dicir que nos sorprenda esta resposta.”

EspertaMonforte! di non dar crédito a que esta carta está asinada, entre outros, pola propia Concelleira de Sanidade, Tráfico e Mobilidade do Concello de Monforte de Lemos, “O alcalde de Monforte de Lemos, que xa nos ten acostumados a despreciar as propostas dos grupos da oposición, da un paso máis alá e nesta ocasión desautoriza completamente á sua propia concelleira, o que nos parece un xesto vergonzoso e que amosa unha absoluta prepotencia e pouco respecto pola labor dos seus “compañeiros” de goberno.”

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...