HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón considera irresponsable que o concello non...

O PP da Pobra do Brollón considera irresponsable que o concello non dispoña de brigada contra incendios

O PP da Pobra do Brollón considera irresponsable a actitude do alcalde nacionalista ao non adherirse ao convenio coa Xunta para reforzar o servizo municipal de prevención e extinción de incendios. Máis tralos dous incendios forestais rexistrados no municipio a pasada fin de semana nas zonas da Estación e Ferreiros; incendios que sinalan, foron sufocados por brigadas da Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro popular da Pobra do Brollón, Fernando Parada, explica que “o Goberno galego ofrece a tódalas entidades locais a posibilidade de asinar convenios en relación á prevención e loita contra os incendios forestais”; pero “o goberno municipal da Pobra do Brollón non solicitou ningunha das tres modalidades”: realización de tarefas de prevención -roza-, funcionamento das motobombas ou financiamento da contratación de persoal que conforma as brigadas municipais. Ademais de actuar na limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal, estas brigadas permitirían, a maiores, a creación de postos de traballo no municipio.

O voceiro do PP engade que “o noso Concello non dispón, en plena época de verán con alto risco de incendios, dunha brigada contra os lumes; cando si podería contar con este tipo de servizo”. Parada engade tamén “ao estar integradas por persoas do propio municipio, estas brigadas coñecerían a zona e poderían resultar moi eficientes”. 

O popular cre que “non existe ningunha razón que xustifique non ter solicitado a adhesión aos convenios que ofrece a Xunta”; pero, “agora, queda aínda máis claro que se trata dunha decisión errada por parte do goberno local”. Nese sentido, considera que “o alcalde non está a atender ás necesidades dos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

A doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

A Doutora Mª José Martín, coñecida polo seu labor ao fronte dunha clínica odontolóxica...

Accidente de tráfico na Pobra do Brollón

O ocupante dun turismo tivo que ser liberado ao quedar atrapado polos pés tras...

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...