HomePolíticaO BNG demanda no pleno provincial a UCI para o Hospital de...

O BNG demanda no pleno provincial a UCI para o Hospital de Monforte

Os nacionalistas presentarán no vindeiro Pleno provincial unha moción na que reclaman ao goberno galego o persoal e o equipamento necesario poñer en funcionamento o servizo de UCI no Hospital de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro da formación nacionalista, Efrén Castro, explicou que  “a idade medida da poboación da comarca sumada á situación sanitaria en que nos atopamos por mor da Covid 19, que afecta especialmente ás persoas de maior idade, fan máis necesario ca nunca un servizo que a comarca leva máis de tres lustros reclamando”

A moción tamén incide na deterioración dos servizos que se presta ás 42.043 persoas do distrito sanitario de Monforte desde que o Sergas suprimiu as áreas sanitarias vinculadas aos hospitais comarcais.

Nese senso, reclámase á Xunta de Galiza “o cese da política de desmantelamento da área sanitaria, a paralización do peche de servizos do Hospital Comarcal de Monforte e o incio dunha senda da recuperación de especialidades dotando o centro hospitalario do persoal necesario”

Coa presentación desta iniciativa, o grupo provincial do BNG apoia a moción presentada o pasado mes de setembro polo BNG de Monforte no pleno municipal, que obtivo o respaldo de todos os grupos.  O BNG tamén presentou no Parlamento galego unha moción con esta demanda.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...