HomePolíticaEspertaMonforte pide a Tomé que convoque o Consello Municipal de Saúde

EspertaMonforte pide a Tomé que convoque o Consello Municipal de Saúde

O grupo municipal EspertaMonforte! amosa o seu malestar e o total rexeitamento ás declaracións do alcalde de Monforte e presidente da Deputación José Tomé onde deixa entrever que a inclusión de Monforte na listaxe de Concellos confinados dende este sábado responde a cuestións políticas e non sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte descende o número de casos activos e baixa do nivel 3 de alerta, ao nivel 2, alerta laranxa no semáforo covid galego. O concello conta con menos de 21 casos activos. Pola contra Chantada sube a 33 e, polo tanto, á fase 3.

Despois de decretarse o peche perimetral de Monforte, EspertaMonforte pídelle ao alcalde, que neste momento de especial dificultade, faga uso do consello municipal de saúde e que atenda ás recomendacións que lle faciliten: como reordear a circulacion peonil, que a policía local circule polos lugares onde se reune a mocidade sen medidas de protección. Esperan que o alcalde cumpra as súas obrigas como autoridade sanitaria e “deixe de buscar confrontacións políticas que en nada benefician aos monfortinos/as neste momento de especial dificultade.”

Sinalan desde EspertaMonforte que os alcaldes deben de velar polo cumprimento das medidas impostas e non criticar o contido dos controis sanitarios da Xunta de Galicia. E lémbranlle a Tomé que xa no mes de maio un grupo de médicos do centro de saúde de Monforte presenta unha carta no Concello de Monforte solicitando a implantación dunha serie de estratexias que incidiran no distanciamento físico das persoas como forma fundamental de evitar a transmisión da COVID19. “Sen embargo esta carta foi calificada tanto pola teniente de alcalde Gloria Prada como polo propio alcalde José Tomé como “máis política que outra cousa” facendo oídos xordos a estos profesionais da saúde e negándose a convocar o Consello Municipal de Saúde,” sinalan.

EspertaMonforte amosa tamén o seu apoio ao sector da hostalería, “pois entendemos a repercusión negativa que lles supoñen estas medidas recentemente aplicadas, polo que solicitamos tanto a Xunta de Galicia como ao Concello de Monforte que poñan en marcha medidas e mecanismos que contrarresten as perdas que inevitablemente vai a sufrir este sector derivadas desta situación.”

ÚLTIMAS

Conservatorio na rúa, este 20 de xuño en Monforte

A actividades desenvolverase entre as 19:00 e as 20:30h. Será ao aire libre ubicando...

O IES A Pinguela foi gañador dun dos 10 retos do Programa InnovaTechFP da Consellería de Educación

Alumnado e profesoras do ciclo de Confección e Moda do centro participaron no reto...

O Concello de Triacastela colabora co Programa FSE+ de Asistencia Material Básica

Esta iniciativa consiste na posta a disposición das persoas destinatarias de tarxetas canxeables por...

Semana de visita de avaliadores da UNESCO ao Xeoparque Montañas do Courel

Os representantes da UNESCO foron recibidos polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro e o...