HomePolíticaO BNG de Monforte pide ao concello axudas directas para os sectores...

O BNG de Monforte pide ao concello axudas directas para os sectores golpeados pola crise

O BNG solicita na súa moción que o Concello de Monforte estableza unha mina clara de axuda ao sector hostaleiro e ao pequeno comercio, así como ás empresas do sector turístico que se viron afectadas polos peches e medidas establecidas para a xestión da pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG afirma que apostan polo achegamento da administración local á poboación nun momento como actual. Dende o BNG de Monforte coidan que é o momento de establecer axudas directas e clave como son:

  • Condonación dos impostos de titularidade municipal cando os negocios non puideron levar a cabo a súa actividade por imposición legal.
  • Exención parcial para aqueles negocios que viron limitada a súa actividade de maneira parcial. Axencias de Viaxes, Restaurants, bares, servizos de aloxamento, entre outros.
  • Exención de lixo e auga así como da taxa das terrazas no caso da hostalería que dispón deste servizo.
  • Axudas para os gastos imprevistos que tiveron que afrontar diferentes negocios para a adecuación ás novas medidas de hixiene e saúde.

O BNG asegura que busca que o Concello de Monforte de Lemos adopte medidas reais que sirvan para frear os posibles rebrotes e o espallamento do virus. 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...