HomePolíticaA Consellería de Sanidade 'ningunea' ao Concello de Láncara?

A Consellería de Sanidade ‘ningunea’ ao Concello de Láncara?

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, denuncia que non se lle facilitan os datos sobre o número de afectados pola COVID, feitos que xa trasladou á Valedora do Pobo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor do Concello de Láncara denuncia que a Consellería de Sanidade non lle facilita os datos de afectados pola Covid-19, motivo polo que tamén decidiu trasladar esta cuestión á propia Valedora do Pobo “tras os constantes ninguneos da Xunta”, afirma.

Na contestación á consulta realizada, a Valedora puntualiza que “no caso de persistir a actitude da Consellería de Sanidade, procederemos a realizar unha advertencia sobre as súas consecuencias legais”.

Darío Piñeiro afirma que “só queremos que nos informen con luz e taquígrafos da situación de afectados no noso Concello, nin máis nin menos, coa única finalidade de traballar e cooperar con transparencia con todas as administracións públicas”.

Abondando no anterior, o alcalde explica que “en moitas ocasións enterámonos dos afectados a través dos medios de comunicación, esta situación é intolerable”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...