HomePolíticaO PP monfortino reclama melloras na estrada provincial Monforte-O Saviñao

O PP monfortino reclama melloras na estrada provincial Monforte-O Saviñao

Os populares presentan unha moción no Concello para instar á Deputación a acometer as melloras necesarias na vía LU-P 3202.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP afirma que esta vía que rexistra un tráfico considerable e que ten serias deficiencias de sinalización, “carencia que aumenta o risco para a circulación rodada e peonil.” O grupo municipal popular defenderá no próximo pleno da corporación de Monforte unha moción para que o Concello, presidido polo socialista José Tomé, inste á Deputación, tamén presidida por Tomé, a acometer canto antes as melloras necesarias.

A portavoz popular en Monforte, Katy Varela, sinala que a estrada carece de sinalización horizontal no tramo no que o ano pasado se levaron a cabo melloras no pavimento.

Outra das deficiencias que sinalan os populares é a falta de iluminación suficiente nesta estrada no tramo urbano, o que fai incrementar o risco tanto para automobilistas como para peóns.

En canto a sinalización vertical, os populares destacan que moitos dos sinais están seriamente deteriorados (moitos deles están decolorados), outros están rotos e algúns están practicamente caídos.

Varela destaca que as melloras efectuadas no pavimento o ano pasado só afectaron ao tramo ata a parroquia de Baamorto; “o resto atópase en moi mal estado.” Tamén sinala, “a partir do quilómetro 6, en Figueira, a estrada estréitase, polo que é moi perigosa. Non hai quitamedos, pese a que hai considerables desniveis.”

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...