HomePolíticaO BNG interésase en Carballedo polo estado das estradas provinciais do municipio

O BNG interésase en Carballedo polo estado das estradas provinciais do municipio

O deputado do BNG, Efrén Castro, reuniuse este sábado en Carballedo con representantes das asociacións veciñais que reclaman melloras no mantemento das estradas provinciais en diferentes parroquias do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro nacionalista interesouse polo estado das vías que provocaron as queixas dos colectivos veciñais,  que expuxeron as súas demandas nun escrito dirixido aos grupos provinciais. As denuncias, respaldadas por seis colectivos,  refírense a treitos das estradas  LU-P 1001 entre A Barrela e Os Peares por Castro,  LU-P 1002 entre Castro e Cartelos, LU-P 1004 que une A Barrela e Os Peares e LU-P 1010 entre A Touza e  Granxa pola presa dos Peares.

Os representantes veciñais transmitíronlle o seu malestar polo deterioro dalgúns treitos destas estradas, especialmente nas zonas próximas á ribeira,  onde, segundo expuxeron,  a falta de mantemento das marxes se está a converter nun risco para a seguridade dos usuarios. Tamén fixeron fincapé no mal estado do firme, polo deterioro da pavimentación e a auga que reborda  as cunetas. 

Efrén Castro trasladoulles o compromiso do BNG para consultar as previsións en canto ás actuacións de mantemento nos treitos máis deteriorados e tratar de axilizar unha solución que mellore as condicións das vías no prazo máis breve posible.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...