HomePolítica“Aínda seguen sen data as obras das variantes de Oural e Os...

“Aínda seguen sen data as obras das variantes de Oural e Os Peares”, asegura o PP provincial

Aseguran desde o PP que o Executivo central recoñece que non avanzou absolutamente nada nos últimos anos “nestas variantes que son as máis importantes en relación á modernización e electrificación da liña do ferrocarril entre Lugo e Ourense".

Publicado o

POR
Redación
- Advertisement -

Os deputados populares no Congreso pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez e Jaime De Olano, advirten de que “as variantes dos Peares e de Oural son as máis importantes en relación á modernización e electrificación da liña do ferrocarril entre Lugo e Ourense porque permitirían a redución de tempos entre Lugo e Ourense e a posterior conexión da nosa provincia coa alta velocidade”. 

Segundo os populares así se desprende da resposta do Goberno ás preguntas formuladas por García Díez fai 12 meses e que “non pode ser máis decepcionante” porque “as obras destas variantes aínda están na fase de estudo informativo”. Aseguran que o Executivo central recoñece que non avanzou absolutamente nada nos últimos anos, é dicir, dende que gobernaba o Partido Popular que deixara xa os proxectos en marcha coas correspondentes dotacións orzamentarias e un cronograma que permitía un horizonte razoable”.

Esta resposta vén a confirmar as críticas dos populares nas que advertían de que a nosa provincia seguiría moitos anos lonxe da redución de tempos entre Lugo e Ourense e da conexión coa alta velocidade “da que non dispoñemos en Lugo a día de hoxe.

Nulas ou ínfimas dotacións para a A-56

Os deputados lucenses do PP seguen moi de preto a conexión da provincia de Lugo coa de Ourense. De feito, fai poucos días demandaban xunto aos deputados ourensáns que o Goberno central dedicase á autovía A-56 as cantidades consignadas nos Presupostos Xerais do Estado do 2018 elaborados polo Goberno de Mariano Rajoy.

Trala posta en servizo do tramo entre A Barrela (Carballedo) e San Martiño (Vilamarín), o futuro desta autovía é “preocupante” tendo en conta a situación na que se atopan o resto dos tramos debido ás nulas ou ínfimas dotacións que o Goberno socialista incluíu na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 á que os deputados do PP presentaran emendas no seu trámite parlamentario para elevar as dotacións para os distintos tramos da vía que foron rexeitadas.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...