HomePolíticaO BNG alerta en Europa de parques eólicos en zonas de especial...

O BNG alerta en Europa de parques eólicos en zonas de especial conservación do sur da provincia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou na Comisión Europea a preocupación sobre o proxecto de instalación de tres parques eólicos pola compañía norueguesa Statkarft, que se sitúan na proximidade da Rede Natura. As previsións sitúaos en Zonas Especiais de Conservación (ZEC) Ancares-Courel e Macizo Central.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou na Comisión Europea a preocupación sobre o proxecto de instalación de tres parques eólicos na provincia de Ourense (e parte de León) pola compañía norueguesa Statkarft, que se sitúan na proximidade da Rede Natura.

“Estamos a ver con preocupación que o afán desmesurado do goberno por instalar parques eólicos sen control pon en risco zonas de gran valor ambiental non só en Ourense, senón en todo o país”, censura.

Para o BNG o problema non só radica na gran potencia dos tres parques proxectados, –o ourensán de Rebordechao e Prada, así como Barjas (León)– cun total de 450 megawatts, senón que os tres evacuarían a electricidade na provincia de Ourense, mediante novas liñas de alta tensión de 220 KV construídas nunha lonxitude de 76 quilómetros, aproximadamente, en zonas que precisan protección polo seu alto valor ambiental.

En concreto, os previstos na provincia de Ourense sitúanse en Zonas Especiais de Conservación (ZEC) Ancares-Courel e Macizo Central.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...