HomePolíticaO PP de Monforte critica a xestión de Tomé despois dos eloxios...

O PP de Monforte critica a xestión de Tomé despois dos eloxios de Caballero

A voceira do Partido Popular de Monforte, Katy Varela, ve “lamentable” que tanto Tomé coma Caballero intenten dar leccións a Feijóo e ao Goberno galego sobre a xestión da pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular sinalaba despois da visita de Gonzalo Caballero a Monforte este sábado, que “os monfortinos xa valoraron nas últimas eleccións autonómicas a xestión da pandemia feita polo Goberno do PP na Xunta”. E explica que o goberno de Tomé aínda non foi capaz de sacar axudas este ano en apoio aos sectores afectados en Monforte; mentres que “a Xunta está a establecer medidas consensuadas cos sectores afectados e convocando axudas para axudar a paliar a crise”. 

A popular considera que axudar á veciñanza a saír da crise é a prioridade, mentres que o alcalde “segue pensando en facer unha obra faraónica tendo remanente suficiente nas arcas municipais. Eses cartos deberían dirixirse a axudar aos nosos veciños ante esta situación excepcional”. A este respecto, o Grupo Municipal Popular vén de rexistrar unha moción para esixir ao goberno local do PSOE que estableza un plan de axudas directas e outras medidas fiscais para contribuír a paliar os efectos sobre a economía local das medidas para conter a pandemia da covid-19.

A proposta dos populares recolle a exención de tódolos impostos que repercuten nunha actividade económica na cidade polo menos durante o 2021: desde a taxa de terrazas ou a do lixo, ata o IBI e o IVTM sempre que estean ligados a unha actividade económica. Igualmente, o Grupo Municipal Popular propón que se volva emitir unha bolsa de axudas directas dirixida a aqueles negocios que tiveron que pechar as súas portas dando cumprimento á orde do 26 de xaneiro de 2021 ou para aqueles tamén afectados polas restricións sen que estas supuxeran o seu peche.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...