HomePolíticaCovid móbil para vacinar no Courel aos máis maiores, propón C@urel Vivo

Covid móbil para vacinar no Courel aos máis maiores, propón C@urel Vivo

Desde C@urel Vivo aseguran que en zonas como Asturias vacinan no centro de saúde máis cercano, noutras teñen un Covid-móbil e móvense ata os domicilios, solucións que propoñen para o seu concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns comezou a tan ansiada vacina para maiores de 80 anos, que no caso do concello de Folgoso do Courel son 172 persoas, segundo C@urel Vivo. Moitas delas teñen que desprazarse ata máis dunha hora para dar cada dosis en Quiroga e outro tanto de volta.

O mesmo luns, desde C@urel Vivo pediron que se sufragase o gasto que ía ocasionar a moitos maiores. O Concello escoitou e anunciou ó día seguinte que ía sufragar os gastos para xente que o precisase.

“O que non escoitou foi A Xunta, e mesmo algún deputado do PP anunciou nas redes que no Courel solo queriamos facer ruído. Opinan desde a urbe sobre o que necesitamos ou deixamos de necesitar, mesmo dixo que pola loxística non se podía vacinar no Courel. Non se pode eiquí, pero cando vacinaron residencias privadas si que se podía,” sinalan desde C@urel Vivo.

Desde C@urel Vivo aseguran que en zonas como Asturias vacinan no centro de saúde máis cercano, noutras teñen un Covid-móbil e móvense ata os domicilios. Desde CV consideran que os 2 casos serían os máis axeitados para zonas como o Courel, nesa franxa de idade.

“Desde a Xunta din que é por falta de persoal, o mesmo din cando só hai un médico ou cando reducen rutas escolares. O problema señores é que se no Courel non facemos ruído algúns (como di o deputado do PP) non cambia nada e a perda de servizos é constante,” conclúe C@urel Vivo.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...