HomePolíticaO PP volve a facerse eco das queixas veciñais polo estado das...

O PP volve a facerse eco das queixas veciñais polo estado das estradas provincias

O PP apoia a petición de axuda de tres asociacións de veciños de Ferreira de Pantón para conseguir que a Deputación amañe as perigosas estradas LU-P 4111 e LU-P 4110.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o PP provincial que en numerosos puntos da provincia xorden queixas e protestas, que transmiten as asociacións pola perigosidade de moitos tramos das estradas provinciais. Nesta ocasión, segundo explica o portavoz popular, Javier Castiñeira, os populares recibiron dous escritos de asociacións de veciños de Ferreira de Pantón con queixas polo mal estado de dúas estradas provinciais.

Castiñeira sinala: “Un destes escritos está asinado polos representantes da asociación San Antonio, da parroquia de Santiago de Castillón, que se queixan da perigosidade da LU-P 4111. Din que o estado no que está  é perigosísimo e dificulta o acceso ás casas habitadas”. No texto, a asociación indica: “Sen sermos moitos, somos os que quedamos; axúdennos a seguir vivindo aquí; a nosa estrada nunca foi arranxada dende a súa apertura nos anos 80”. 

Para o portavoz popular, “é gravísimo que sexa necesaria unha chamada de atención así do rural para ter ben conservadas as vías de comunicación  provinciais e que o goberno da Deputación manteña debidamente estas estradas, cousa que non fai”.

O segundo escrito está asinado por dúas asociacións: San Brais, en San Román de Acedre, e Cabalo Branco, de Santiago de Cangas. Castiñeira di: “Tamén falan da perigosidade, neste caso, da LU-P 4110, que está preto da anterior. Piden que se amañe un tramo de 5,5 quilómetros  que vai dende Arribada, na parroquia de San Fiz de Cangas, a Budián, en San Romao de Acebre”.

O portavoz popular declara: “Os veciños de Ferreira de Pantón piden que se arranxen esas dúas estradas. Entendemos que o actual delegado de Vías e Obras, que coincide que é o presidente da Deputación,  non está a facer o seu traballo e así chegan as queixas”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...