HomePolíticaTrasladar á zona vella de Chantada os vendedores de produtos agrarios nos...

Trasladar á zona vella de Chantada os vendedores de produtos agrarios nos días de feira

O BNG de Chantada reclama a reubicación dos vendedores de produtos agrarios na zona vella da vila os días de feira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG defende a volta dos pequenos vendedores de produtos agrarios ao centro da vila (prazas do Cantón, do Mercado e Santa Ana) e apoia as reclamacións feitas pola Asociación de Empresarios e Comerciantes e outras afectadas no mesmo sentido.

Segundo os nacionalistas esta medida é beneficiosa para todas as partes implicadas por:

  1. Axuda ás pequenas produtoras agrarias e ao sector primario que pode comercializar unha parte da súa produción vendendo directamente a consumidores.
  2. Atrae xente e actividade económica a unha zona con amplas posibilidades, especialmente tras a súa peonalización.
  3. Favorece ao comercio e hostalaría locais nun momento de grandes dificultades polos efectos da pandemia.

O BNG insta ao grupo de goberno a que reconsidere a súa decisión de desprazar a estas produtoras e recupere tan importante actividade da feira para a zona vella e Praza de Santa Ana.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...