HomePolíticaOs socialistas de Chantada levan ao Parlamento o despido de dúas traballadoras...

Os socialistas de Chantada levan ao Parlamento o despido de dúas traballadoras do SAF

O Grupo Parlamentario Socialista interpelará ao Goberno de Feijóo sobre o despido de dúas auxiliares de axuda a domicilio do Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas de Chantada queren coñecer si o Goberno do PP ampara a situación na que se atopan estas dúas traballadoras, “xa que foron despedidas estando de baixa, ademais unha delas estaba de baixa por mor dun accidente laboral”, denuncian.

A voceira socialista, Raquel López, advirte “estamos dun servizo fundamental para garantir o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria, e inmersos nun contexto de pandemia sen precedentes motivada pola Covid-19, por iso entendemos que é urxente investir neste tipo de recursos, e non despedir aos traballadores”, replicou.

Na iniciativa rexistrada explica que o servizo de axuda no fogar, é un piar dentro do modelo de coidados que contribúe en boa medida a dar un apoio complementario ás persoas que teñen algún tipo de discapacidade ou dependencia para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria. 

Así as cousas “o Concello de Chantada ten a disposición no anexo V dos pliegos de contratación a subrogación de 29 auxiliares de axuda a domicilio para dar cobertura a un servizo que forma parte do catálogo de servizos da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia”. 

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...