HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno mellorar o mantemento da Pasarela do Malecón

Esperta Monforte leva a pleno mellorar o mantemento da Pasarela do Malecón

Esperta Monforte presenta unha moción ao próximo pleno do concello monfortino solicitando o mantemento e coidado da pasarela do Malecón e mellorar a súa accesibilidade. Tamén interésanse por se o equipo de goberno está utilizando persoal do concello para o control das pancartas de "Salvemos o Malecón"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta unha moción ao próximo pleno do concello monfortino solicitando o mantemento e coidado da pasarela do Malecón. Sinalan que a pasarela “atópase nunhas condicións impropias dunha cidade como Monforte e presenta definciencias que non deberían permitirse nun lugar excepcional no centro da cidade, coincidindo co espazo verde máis extenso que ten o río Cabe ao seu paso pola cidade.”

Esperta Monforte sinala que o concello fai investimentos en “lugares menos transitados, menos valorados e con menor repercusión turística e económica”, e consideran prioritario que os investimentos se fagan nun lugar tan visitado polos turistas e tan emblemático para o pobo de Monforte como é o Malecón. Instan ao equpo de goberno a restaurar e coidar a pasarela e solicitan que se utilicen os medios necesarios para facela máis accesible a persoas con mobilidade reducida.

Leva a pleno tamén un rogo e unha pregunta, se o equipo de goberno está utilizando persoal do concello para o control das pancartas de “Salvemos o Malecón” ou trátase dun bulo e pide que se expliquen os motivos polos que a plica da concesión do servizo de explotación do Centro do Viño non inclúe a subrogación do persoal laboral existente.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...