HomePolíticaEva Abal será a nova concelleira de Agroma Sober

Eva Abal será a nova concelleira de Agroma Sober

Eva Abal Tobío, integrante da lista de Agroma Sober ás Municipais do ano 2019, asume o cargo de concelleira antes do verán, substituíndo a Samanta Fernández Cortés, quen vén de renunciar porque non vai residir habitualmente no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación local agradece o traballo e implicación da concelleira saínte, que continuará en activo facendo parte da asemblea local. E desde esta formación anuncian tamén que traballan para ter un local en Sober no que atender presencialmente ás propostas e preguntas da veciñanza, “son moitas as peticións de propostas e preguntas que nos plantexan para facer ao Goberno Local, o que indica a confianza que en nós deposita moita xente e para responder mellor a esta demanda plantexamos este local.”

A asemblea local de Agroma Sober vén de poñer en marcha o proceso para acondicionamento deste local, onde xa realiza as súas xuntanzas, con vistas a dispor dunha oficina de atención ao público. O local estará situado na rúa Progreso, ao carón da Praza do Polbo, e ten vontade de ofrecer un espazo de encontro para o asociacionismo de Sober que precise lugar de reunión, así coma o desenvolvemento de accións de solidariedade. 

Debido á situación de pandemia, Agroma Sober sinala que de momento, o uso estará condicionado ás normas sanitarias, “mais disporá de horario de atención ao público para os asuntos municipais en canto sexa posíble.”

Propostas Agroma Sober pleno

Agroma Sober leva ao pleno ordinario deste xoves: a falta de sinalización viaria en San Martiño de Anllo, a situación de abandono de rutas de sendeirismo, a seguridade viaria a carón do parque infantil, a limpeza de fincas, a petición de explicacións polo Plan de Protección da Paisaxe Ribeira Sacra e a convocatoria do Consello de Parroquias sen telas avisadas a todas.

candidatura Agroma Sober / Agroma Sober

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...