HomePolíticaKaty Varela: "Tomé leva seis anos sen solucionar o abastecemento de auga...

Katy Varela: “Tomé leva seis anos sen solucionar o abastecemento de auga de Monforte”

O PP considera “lamentables” as escusas dadas polo rexedor logo do corte producido na parroquia de Reigada e que deixou a todo o municipio sen submistro durante horas, pois garantir o subministro é unha competencia que a lei atribúe aos Concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Tomé sabe que o abastecemento de auga é o problema máis gordo de Monforte e leva seis anos sen darlle unha solución”. Así o expón a voceira do Partido Popular da cidade do Cabe, Katy Varela, logo de que o propio rexedor “recoñecese publicamente que as roturas nas tubaxes veñen de vello e descargase a responsabilidade da súa mellora na empresa adxudicataria, eludindo así a súa responsabilidade sobre esta materia, malia ser esta unha competencia municipal.”

“O desentendemento é total”, afirma Varela, “pois garantir o subministro é unha competencia do Concello”. Precisamente, remarca a popular, “se o alcalde detecta fallos na rede é a súa obriga garantir o seu servizo; o resto, son escusas lamentables para eludir o que consideramos unha falta de xestión e de previsión por parte do socialista”.

Logo do corte producido na parroquia de Reigada estes días, considera que se pon de relevo que “dende o PP tiñamos razón. Levamos tempo e mesmo anos expoñendo a necesidade de que se acometa a mellora integral na rede de abastecemento, pero o alcalde, dando continuidade á súa prepotencia, nunca nos escoitou. Se esta planificación da que fala a fixese cando tomou posesión, en 2015, o problema estaría así resolto”, afirma.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...