HomePolíticaO Grupo Parlamentario do BNG recibiu ao profesorado do Conservatorio monfortino

O Grupo Parlamentario do BNG recibiu ao profesorado do Conservatorio monfortino

Nunha visita á Camara Galega realizada este mércores 26, profesores do Conservatorio de Monforte, acompañados de cargos do BNG Comarcal, reuníronse co Grupo Parlamentario para abordar a problemática xurdida no citado centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Parlamentario do BNG recibiu ao profesorado do centro monfortino de cara a promover iniciativas e accións que conduzan á solución do conflito actual e ao asentamento do Conservatorio como Servizo público e pedagóxico necesario para toda a Comarca de Lemos.

“Esta problemática xa ultrapasou os límites municipais toda vez que os usuarios proceden de toda a comarca, e as competencias en Educación son de ámbito autonómico, alén das políticas de discriminación salarial e de xénero que se están a practicar neste centro” dixo textualmente a Deputada Lucense Carme Aira.

Os nacionalistas veñen tamén de rexistrar unha Iniciativa Urxente no Parlamento Galego coa que pretende poñer enriba da mesa algo tan grave como a diferenza salarial que se está a dar entre mulleres e homes neste centro de ensino. “A intención das nacionalistas é implicar ao goberno da Xunta na solución, porque isto é inadmisible en pleno século XXI” explica Carme Aira.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...