HomePolíticaO BNG de Monforte quere desbloquear as obras de acceso ao porto...

O BNG de Monforte quere desbloquear as obras de acceso ao porto seco

O Portavoz municipal, Emilio Sánchez, considera que xa pasou tempo abondo, como para que se aclare de quen é a responsabilidade da situación de parálise do proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conexión do Porto Seco coa estrada N-120, consta de 2 de fases, das que a primeira, do Porto Seco ás Fontes xa está rematada, mentres que a segunda, das Fontes á N-120, está proxectada, pero a día de hoxe non se puido concluír por mor das diferencias existentes entre a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado.

Esta conexión é un vial indispensable para o funcionamento do Porto Seco, ademais de servir como circulación Leste de Monforte. Aa entender do BNG, o enquistamento desta situación é “sinal do pouco que lle importamos ás administracións implicadas que, coa súa desidia, están castigando inxustificadamente á veciñanza monfortina.”

No pleno municipal deste luns, 31 de maio, o representante nacionalista solicitará que o alcalde de Monforte promova unha xuntanza onde participen o subdelegado do Goberno en Lugo, o delegado da Xunta de Galiza en Lugo e os portavoces Municipais, a fin de aclarar a situación na que se atopa o expediente deste vial e esixir o desbloqueo da situación.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...