HomePolíticaPerde subvencións o concello do Saviñao por non presentar documentación en ...

Perde subvencións o concello do Saviñao por non presentar documentación en prazo?

Os socialistas do Saviñao denuncian que o Concello perdeu una subvención de máis de 54.000 euros por non achegar a documentación necesaria en tempo e forma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Explican os socialistas que tal e como consta nas bases do Plan Único da Deputación da anualidade 2018, aprobadas no mes de febreiro dese mesmo ano, ao Concello do Saviñao correspóndenlle, segundo os criterios da institución provincial, un investimento total de 245.201,01 euros, dos cales 54.300 están adicados a melloras nas infraestruturas municipais. 

Tal e como consta na Xunta de Goberno celebrada o 10 de maio de 2019, adxudicouse ao Concello Saviñao un investimento de 54.300,15 euros destinado a obras, unha partida incluída neste Plan Único. Este investimento, tal e como consta na memoria presentada, ía adicada ao subministro de formigón para a execución das obras necesarias para as melloras dos camiños municipais en A Broza, Chave, Diomondi, Louredo, Ousende, Rebordaos, Reiriz, Sobreda e San Vitorio. Na súa adxudicación informábase que a data límite para achegar a documentación da execución destas obras por parte do Concello era o 15 de outubro de 2019. “Pero lamentablemente tal e como puidemos constatar, tras estudar este expediente, o Concello do Saviñao non presentou esa documentación nos 5 meses dende a aprobación ata o vencemento do prazo”.

Dende a institución provincial notificóuselle ao Concello no mes de agosto de 2020 un requirimento para presentar a documentación e poder recibir o importe polo arranxo destas estradas municipais. “E tal e como marca a normativa déronse 10 días hábiles para presentalo novamente, pero advertindo unha vez máis de que de non enviar a documentación, tal como estipula o procedemento, o dereito ao trámite perderíase. Ou o que é o mesmo, a financiación para as obras de adecuación do pavimento destes camiños en 9 lugares do Saviñao, perderíase, como finalmente aconteceu”, denuncian.

“Finalmente e unha vez máis pasou o prazo sen que o goberno que preside o PP de Juan Carlos González Armesto fixera a única tarefa que lle corresponde como máximo responsable municipal, como é a de enviar a documentación en tempo e forma para xustificar esta subvención, tal e como marca calquera administración pública”, replicou o voceiro socialista, Celestino Rodríguez.

Dende o PSdeG-PSOE do Saviñao denuncian o “pasotismo” do Alcalde e de todo o seu Goberno, xa que é o primeiro responsable de que as veciñas e veciños “teñan que pagar do seu peto os arranxos das estradas pola deixadez de Armesto.”

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...