HomePolíticaOs socialistas de Bóveda alónxanse da realidade acusando ao alcalde de beneficiarse...

Os socialistas de Bóveda alónxanse da realidade acusando ao alcalde de beneficiarse de subvencións, aseguran desde o concello

Desde o concello aclaran que aínda non existe un regulamento para esas subvencións, "polo que ninguén as puido solicitar polo de agora, tampouco o rexedor".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas de Bóveda denunciaban que o alcalde anunciara que o Concello ía subvencionar o 100% do imposto de construción para a rehabilitación interior e exterior, reconstrución ou construción de obra nova en vivendas unifamiliares. E insistían “Resulta bastante casuístico, que tres meses despois deste anuncio o propio Alcalde presente un proxecto para a realización dunha nova construción na vila. A través da acta da Xunta de Goberno Local do día 24 xuño comprobamos que o rexedor vaise beneficiar dunha axuda económica, impulsada polo Concello para a contratación da súa nova vivenda por un importe de 3.500 euros”, advirten.

Desde o concello aclaran que aínda non existe un regulamento para esas subvencións, “polo que ninguén as puido solicitar polo de agora, tampouco o rexedor.” Sinalan desde o concello que este ano pedíronse varias licenzas de obra, se ben as subvencións aínda non se poden solicitar, ata que se aprobe o regulamento e se estableza que tipo de actuacións se van poder acoller. “Despois será decisión de cada persoa solicitalas ou non e, posteriormente, resolverase a súa concesión sempre e cando cumpran os requisitos,” conclúen desde o concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...