HomePolíticaComo foi a seguridade cidadá nas festas de Monforte?

Como foi a seguridade cidadá nas festas de Monforte?

O PP de Monforte quere saber cales foron as medidas de seguridade tomadas nas instalacións colocadas nas rúas de modo temporal e acusa ao equipo de goberno de non preservar a seguridade cidadá durante as festas.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares lamentan que o alcalde de Monforte empregara diñeiro público para lanzar nas festas unha mensaxe electoralista e que non se preocupara de garantir a seguridade nas deficiencias eléctricas, que din, se produciron nas festas. A voceira popular, Julia Rodríguez, pon como exemplo, cables no chan sen ningún tipo de protección, unha caixa de empates colgada nunha tela metálica ou que os xeradores das barracas non cumprían coa normativa. Recordan os populares que levan anos advertindo dos fallos de seguridade nas instalacións eléctricas das barracas.

Instalación eléctrica / P.P. Monforte

O Concello é responsable da seguridade cidadá nas festas e desde o P.P. din alegrarse de que non pasara nada, como si aconteceu en Vigo. Piden ao equipo de goberno máis atención aos temas de seguridade, tanto nas instalacións eléctricas temporais como no caso dos derrubes de vivendas.

 

 

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...