HomePolíticaO BNG de Carballedo teme pola continuidade de "A Banca" no municipio

O BNG de Carballedo teme pola continuidade de “A Banca” no municipio

O BNG quere incidir na doble gravidade que ten o feito de reducir o horario cara o público de dous días á semana por unha entidade, que a criterio do BNG, debería seguir sendo pública , logo de inxectarlle 9000 millóns de euros nun rescate con diñeiro público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG, o vaciado poboacional do Concello de Carballedo non é unha casualide, a perda de servizos foi constante: Primeiro a desaparición de A da Banca e o Centro de Saúde de Castro, coa perda dun médico para o concello e agora a reducción do horario de apertura de A BANCA ao público aos martes e xoves, o cal anuncia o probable peche da sucursal, segundo os nacionalistas.

O BNG quere destacar que debido ao envellecemento poboacional do concello, a brecha dixitalagrava e dificulta as posibles alternativas a este servizo, obrigando aos maiores adepender de terceiros para facer as súas xestións bancarias, perdendo así parte da súa privacidade.

“Se se chega a centralizar o servizo na vila máis cercana, o comercio local verase afectado polos desprazamentos que os veciños fagan a outra vila, lugar onde farán uso dos seus servizos, non mercando nos comercios locais e afondando nun maior deserto demográfico,” apunta o BNG.

Segundo os nacionalistas a propaganda de “VIVE NO RURAL” por parte da Xunta é só propaganda, “pois a realidade é ben distinta, dándolle prioridade e cartos ás grandes entidades mentres a xente do rural, sobre todo os nosos maiores van ver mermados os seus ingresos, pois precisarán de desprazamentos que eles terán que pagar. Asi mesmo, as colas que están a soportar ao sol agora e ao frío e choiva no futuro tamén van a mermar a súa súde.”

Dende o BNG esixen que a Xunta poña mans no asunto e que as negociacións ou subvencións sexan para asentar a entidade onde se atopa e non para destruila.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...