HomePolíticaO BNG de Pantón pide que os empregados municipais cobren os seus...

O BNG de Pantón pide que os empregados municipais cobren os seus salarios “como corresponde”

O BNG de Pantón asegura que recibiu as queixas de varios traballadores do concello de distintos servizos que viron como nas súas contas "non se ingresaba o salario nas datas de pagamento que foron cambiadas por arte dos cambios acontecidos no concello de Pantón, que privatizou de maneira unilateral e silenciosa parte do servizo de RR.HH."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG o cobro das últimas nóminas retrásase ata unha semana dende o 28 ao 5 por cuestións da nova organización que se executa no concello. “Isto xera desaxustes como o día de pagamento dos préstamos hipotecarios, dos recibos mensuais e demais cuxa data estaba calculada en base a un cobro que se producíu sempre na fin do mes,” engaden os nacionalistas.

“O retraso no pagamento non é imputable ás entidades bancarias como se lle sinalou no concello a diferentes persoas que reclamaron o cobro, xa que como todos sabemos unha transferencia dentro do Estado non demora en ningún caso cinco nin sete días” manteñen dende o BNG de Pantón.
“Agardamos que se rectifique o día de pagamento e solucionen isto, pero séguenos a parecer incrible a maneira e velocidade coa que un goberno municipal xera problemas no canto de ser parte da solución. Fan difícil o fácil” manifesta RosaAna Prieto Florines.

“A solución é doada e sinxela, agardemos que esta vez escoiten ao persoal e a nosa petición e non teñamos máis unha vez, que acudir á valeduría do pobo ou a outras instancias, porque dun tempo a esta parte a cousa vai a peor e por non ter non temos nin orzamentos no mes de setembro, é todo un descontrol inaudito” comentan dende o primeiro partido da oposición canso de non ser atendido nas súas peticións polo actual goberno municipal.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...