HomePolíticaQuen ten a culpa do prezo da luz?

Quen ten a culpa do prezo da luz?

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, culpou directamente ao PSOE e a Podemos das reiteradas subidas do prezo da luz e pediulles que actúen "pola vía da fiscalidade" para retirar da factura "aquelas cuestións que non teñen por que estar" e que "poidan ser financiadas a través dos Orzamentos Xerais do Estado".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unhas críticas que chegan logo das acusacións de socialistas e nacionalistas polas súas vinculacións cos grandes empresarios das hidroeléctricas españolas, e tras apoiar o PP, mentres gobernou no Estado, a privatización de sectores básicos da economía, entre eles, a electricidade.

Así o manifestou o número dous dos populares galegos, en declaracións ofrecidas aos medios tras a constitución este sábado da comisión de economía, industria e emprego do partido, un órgano xurdido do congreso autonómico celebrado o pasado mes de xullo. Trátase dunha comisión composta por deputados, senadores e membros do Goberno galego que teñen o encargo de “deseñar o discurso que articulará o Partido Popular de Galicia” en materia económica e laboral nun momento “especialmente importante” como é a recuperación e saída da pandemia da covid-19, tal e como explicou Tellado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...