HomePolíticaO Parlamento galego require ao Ministerio de Transportes o arranxo da estrada...

O Parlamento galego require ao Ministerio de Transportes o arranxo da estrada N-540 entre Lugo e Ourense

O Parlamento de Galicia aproba a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG, a través da que se require ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, nomeadamente da N-540 que comunica Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada popular, Raquel Arias, lamentou que “as intervencións de mantemento realizadas nos últimos meses nesta estrada, ademais de escasas, son meros remendos incapaces de eliminar fochancas nin garantir o bo estado do firme”.

Raquel Arias lembrou que a N-540 “é a única estrada que existe na actualidade para unir as cidades de Lugo e Ourense, as únicas capitais de provincia galegas sen conexión por autovía ou autoestrada, e cunha conexión ferroviaria obsoleta e sen frecuencias”.

“O estado da N-540 é preocupante en todo o trazado, pero especialmente calamitoso no tramo que discorre pola provincia de Lugo”, sinalou a deputada popular, quen apuntou que esta situación “é consecuencia directa do recorte aplicado polo Goberno de España á partida orzamentaria dedicada a infraestruturas en Galicia”. “Pero no caso da N-540 é dobremente sangrante, xa que o Goberno de Pedro Sánchez eliminou os 20 millóns de euros que o Goberno do PP tiña orzamentados para a reparación desta estrada”, incidiu.

Arias lembrou que o Goberno central recoñeceu o pasado mes de xuño a situación límite da N-540 no Senado e ten anunciado novos investimentos nesta estrada, “pero sen concretar prazos nin orzamento”. “A día de hoxe, non hai un só treito en obras e só está licitado o treito de Guntín, pero nin está adxudicado, nin as obras poderán estar en marcha ata, como mínimo, dentro dun ano”, manifestou.

Arias salientou “o esforzo que está a facer a Xunta para mellorar a rede viaria da provincia de Lugo” e puxo de exemplo que os orzamentos para o 2021 recollen un investimento de máis de 34 millóns de euros para estas actuacións. En concreto, referiuse ás obras que se están a realizar na autovía Lugo-Sarria ou os reforzos do firme en estradas como a CG-2.1 entre Monforte e o Alto do Faro; a LU-533, entre Chantada e EScairón; a LU-653, entre A Pobra de Brollón e O Incio; a LU-170, entre Xermade e Cabreiros; e outras moitas.

ÚLTIMAS

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...