HomePolíticaO BNG de Quiroga demanda melloras na N-120 ao seu paso polo...

O BNG de Quiroga demanda melloras na N-120 ao seu paso polo concello

Tamén presentan como rogo unha listaxe de necesidades do núcleo rural de Montefurado, núcleo que está actualmente sen 'delegado de Alcaldía' tras a súa renuncia. Sinalan como unha desas necesidades a limpeza das marxes do ramal que sae da N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Quiroga presenta unha moción pedindo o arranxo da N-120 no trazado que pasa polo Concello, uns 45 quilómetros con firme en moi mal estado, especialmente en determinados tramos. “O estado actual do firme desta estrada é lamentable, presentando un grave deterioro e con moitos tramos nos que hai fochancas de importante consideración. Por poñer un exemplo, o tramo do viaducto do Soldón está xa nun estado de deterioro asfáltico límite, susceptible de provocar avarías e accidentes graves,” sinalan os nacionalistas.

Consideran desde o BNG que as solucións que se adoptan respecto ao deficiente mantemento desta importante estrada do sur de Lugo son provisionais e de ‘parcheo’ e reclaman medidas de conservación máis profundas e duradeiras. Aseguran que coa chegada do inverno, o estado da estrada empeorará aumentando o risco de accidentes.

Por todo elo solicitan que dende o Concello de Quiroga se fagan as xestións oportunas para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana realice as actuacións precisas na N-120 ao seu paso polo Concello de Quiroga e que se solicite tamén a mellora estrutural e decidida da estrada N-120. “Unha mellora estrutural e a fondo pensando en convertela nunha vía de comunicación de altas prestacións co obxectivo de desbotar a construción proxectada da A-76, unha autovía que non vai ser a panacea para Quiroga e que non chegaremos a ver con total seguridade moitas e moitos de nós,” recolle a moción nacionalista.

Rogo Montefurado

Despois dunha xuntanza coa veciñanza de Montefurado, os nacionalistas presentan un rogo coas súas demandas: mellorar a arqueta de recollida da auga da traída e que se revise a presión; que se limpen as marxes do ramal que vai da N-120 a Montefurado e que se confirmen anualmente os traballos de limpeza da fosa s´éptica. Piden canalización e desaugue da fonte preto da ponte da vía do tren e que se coloquen 3 árbores na praza principal.

zona de descanso Montefurado / BNG

ÚLTIMAS

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...