HomePolíticaC@urel Vivo demanda transporte para o alumnado despois da ESO

C@urel Vivo demanda transporte para o alumnado despois da ESO

C@urel Vivo presenta unha moción para debater no vindeiro pleno ordinario do 24 de setembro sobre creación dun transporte para a Educación Secundaria pos obrigatoria para a mocidade do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel, non conta con Instituto de Bacharelato nin módulos de Formación Profesional para que a mocidade poida seguir a súa formación académica e poida residir no municipio.

O feito de que non haxa transporte público en todo o concello, fai que sexa difícil o traslado da mocidade a Concellos de referencia comarcal que si teñen ensino non obrigatoria. Desde C@urel Vivo consideran necesario cubrir esa falla de servizos e cren que a Xunta de Galicia, co 100% das competencias en Educación e Transporte Escolar, debería colaborar en cubrir ese servizo.

Na moción solicitan que desde o Concello se teña unha xuntanza con nais e país dos alumnos que rematan estudos obrigatorios no municipio e estean interesados no servizo para coordinar horarios e traxectos e piden solicitarlle á Xunta de Galicia que sufrague ese gasto, e mentres tanto que sexa o Concello de Folgoso do Courel quen o contrate.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...