HomePolíticaPiscinas públicas exteriores para Monforte, demanda do BNG

Piscinas públicas exteriores para Monforte, demanda do BNG

Emilio Sánchez, pedirá ao grupo de goberno, no pleno do luns, o desenvolvemento dos trámites necesarios para a dotación deste servizo históricamente demandado pola veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das carencias máis destacables da cidade de Monforte de Lemos en tempada estival, é a inexistencia dunhas piscinas exteriores públicas. Esta realidade implica que moita da veciñanza e visitas que se reciben no verán, teñan que desprazarse a concellos limítrofes ou, no seu defecto, “pagar a entrada das piscinas privadas do Club Fluvial, algo que non todo o mundo pode facer,” sinalan desde o BNG.

O concelleiro nacionalista exporá no pleno municipal o que, ao seu criterio, serían dúas iniciativas viables: chegar a un acordo co Club Fluvial para o uso público das súas instalacións a prezos accesibles a toda a cidadanía, a cambio de que o concello se faga cargo dos gastos derivados do servizo (socorristas, mantemento…), ou ben construír unhas novas instalacións para o goce público. A construción dunhas piscinas públicas exteriores, serían complementarias á zona de baño no río Cabe, outra das reclamacións históricas da veciñanza monfortina.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...