HomePolíticaO PP de Monforte propón a creación de zonas de baño no...

O PP de Monforte propón a creación de zonas de baño no río Cabe

Os populares tamén se dirixirán ao equipo de goberno co fin de que aclaren se dispoñen do consentimiento dos veciños para a urbanización e reparcelación que conleva a reforma do parque infantil Val de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Monforte de Lemos propón a creación de zonas de baño no río Cabe. Faino a través dunha emenda de engádega á moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego relacionada con este asunto. Os populares engaden o seguinte texto á iniciativa nacionalista: ou que se leven a cabo as actuacións necesarias para acondicionar diversas zonas de baño nas zonas máis adecuadas da cidade do río Cabe, incluíndo o saneamento necesario para que o río poida ser utilizado sen perigo de saúde.

A voceira, Katy Varela, expón no texto referido que “non nos parece o máis viable dotar de piscinas públicas á cidade ou utilizar as instalacións da entidade privada do club fluvial, pois o consideramos insuficiente e incluso caro tendo en conta o servizo que se pode dar”. Tal é así que Varela remarca que “esta agrupación considera que existen suficientes espazos naturais para acondicionar zonas de baño, aínda que somos conscientes que o río por desgraza non está nas condicións axeitadas para o baño”.

Os populares tamén se dirixirán ao equipo de goberno sobre a parálise na que se atopa o parque infantil Val de Lemos, xa que, malia formalizarse o contrato para a reforma cun prazo de execución de 56 días, o 16 de decembro de 2020, a obra segue parada.

A este respecto, e dado que recentemente saíu a concurso o contrato para a urbanización e reparcelación da Zona C, o Grupo Municipal do PP interesarase na sesión plenaria, que celebrará a Corporación esta tarde, sobre se a entidade local dispón do consentimento dos veciños para proceder ao sistema de cooperación mediante o cal se pretende executar este proxecto.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...