HomePolíticaO BNG recolle en Sarria sinaturas contra a suba do prezo da...

O BNG recolle en Sarria sinaturas contra a suba do prezo da luz

O BNG de Sarria colocou este venres pola tarde no paseo do Malecón unha mesa informativa e de recollida de sinaturas sobre a tarifa eléctrica, continuando coa campaña que a formación nacionalista está a desenvolver en toda Galiza contra a suba do prezo da luz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG defende a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, ademais dun IVE super-reducido do 4% así como a supresión do imposto especial de electricidade. O voceiro do BNG en Sarria, Efrén Castro, explicou que “a luz é un servizo básico, non un artigo de luxo, ademais, as galegas e galegos estamos a pagar a luz máis cara do estado, sendo produtores de enerxía que se consume fóra de Galiza”.

O BNG asegura que continúa a traballar para que a riqueza eléctrica repercuta en beneficio das familias, da clase traballadora e das empresas para crear emprego, de aí esta campaña de denuncia e mobilización social.

Unha tarifa eléctrica galega, a creación dunha empresa pública de enerxía que asuma as concesións hidroeléctricas a medida que vaian caducando ou que a instalación de novos parques eólicos se vincule a proxectos industriais que xeren emprego son algunhas das propostas do BNG para poñer freo á suba do recibo da luz.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...