HomePolíticaO PP de Monforte demándalle a Tomé que cubra o posto de...

O PP de Monforte demándalle a Tomé que cubra o posto de conserxe no colexio Infanta Elena

O Partido Popular de Monforte de Lemos esixirá no pleno que se cubra o posto de conserxe do colexio Infanta Elena.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, pide que se cumpra, ademais, o acordo existente entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia, a través do que se estipula que os Concellos son os que teñen a competencia para a limpeza e o mantemento dos subalternos nos centros educativos.

“Lamentamos que o Centro de Educación Especial Infanta Elena careza de conserxe a pesar de que o citado convenio obriga ás entidades locais, pola súa proximidade, a xestionar estas necesidades e mesmo poderían ser sufragados pola Administración autonómica”. Para o PP, engade Varela, isto “é un claro exemplo da pouca preocupación que amosa Tomé cos seus veciños, sendo máis consciente de facer fotos con propaganda que de xestionar as necesidades reais de Monforte”.

Por este motivo, o Partido Popular levará unha iniciativa neste sentido ao pleno deste mes, para lembrarlle ao alcalde que “non pode seguir sendo alleo ás necesidades dos monfortinos, e máis tendo en conta que se trata dun centro de educación especial, que proxecta unha maior sensibilidade que calquera outro centro”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...