HomePolíticaQue o concello mellore as beirarrúas de Vista Alegre, piden os socialistas...

Que o concello mellore as beirarrúas de Vista Alegre, piden os socialistas de Chantada

O PSdeG-PSOE de Chantada urxe ó grupo de goberno a revisar o estado da rúa de Vista Alegre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta petición dos socialistas xa foi levada a pleno en xullo, recollendo así «a preocupación que nos manifestaron os veciños e veciñas da zona de Vista Alegre», declara Raquel López, voceira do PSOE chantadino.

Despois do arranxo que se levou a cabo, son varias as caídas que se produciron nas beirarrúas, ás que agora se engaden máis nos pasos de peóns. «Dende o PSOE pedimos ó grupo de goberno – en varias ocasións – que revisara o estado da zona e estudara o xeito de evitar que constitúa un risco para os veciños e veciñas» insiste Raquel López, que fai fincapé na importancia de facelo canto antes, xa que achéganse as épocas de máis choivas, que fan o chan máis esvaradizo.

Segundo os socialistas, pese á súa insistencia e á dos veciños e veciñas desta rúa, o grupo de goberno do Concello de Chantada (PP) encabezado por Manuel Lorenzo Varela, continúa sen dar resposta nin facer nada ó respecto.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...