HomePolíticaColapso do centro de saúde de Chantada en plena onda da Covid19?

Colapso do centro de saúde de Chantada en plena onda da Covid19?

"A situación actual é totalmente dantesca con cartaces que indican, Consulta pechada, só se atenderán urxencias, xusto en plena onda da COVID-19 e con varios gromos en Chantada", sinalan desde Por Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada denuncian o colapso do centro de saúde de Chantada nun momento no que repunta a pandemia con 37 novos casos no concello nos últimos 14 días, dos que 22 producíronse na última semana. Segundo Por Chantada a pesar “do dramático” da situación, no último pleno o alcalde aseguroulles que visitara o centro e case non había pacientes , “xustificando así o maltrato que o PP está dispensando ao rural en xeral e a Chantada en particular”, sinalan.

Denuncian que o Sergas segue dando citas por Internet a pesar de que non cobren baixas nin mandan medios, “Hai médicos en Chantada con cupos de 1600 pacientes cando 70% dos mesmos teñen máis de 70 anos, polo que 1.000 pacientes no rural equivalen a máis de 4.000 nunha cidade en carga e intensidade de traballo”, engaden.

Con máis de 8.000 habitantes no Concello, 2 facultativos e 4 traballadores da enfermaría, “só se dan atendido urxencias e se hai que ir atender unha urxencia ou atención domiciliaria fica un único médico para todo o centro de saúde. Cidadáns que tiñan cita estes días deberán agardar máis dunha semana para seren atendidos”.

Por Chantada considera imposible dispensar unha atención minimamente axeitada en plena vaga da COVID-19, “PCRs feitas o día 1 terán que agardar até o día 14 para saber o resultado, mentres se dan altas aos 10 días sen PCR de confirmación para camuflar dados co que se arriscan a propagar máis a pandemía”. Consideran que a Xunta desvía a responsabilidade desta suposta carencia cara ao Goberno central e que o “PP oculta que o Sergas só está ofrecendo medias xornadas de luns a venres, para aforrar o soldo e a seguranza social da fin de semana. Nestas condicións, con contratos a días, enganosos e precarios; os facultativos foxen deles coma da peste. Que calidade pode reunir a atención médica dispensada nestas paupérrimas condicións?”, conclúen.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...