HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno a delimitación de núcleos rurais...

O PP de Monforte leva a pleno a delimitación de núcleos rurais en cumprimento da Lei do Solo

O Partido Popular de Monforte esixe ao Concello a delimitación de núcleos rurais en cumprimento da Lei do solo de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares, segundo explica Katy Varela, levarán este asunto ao vindeiro pleno, co fin de que a entidade local aplique o artigo 78 de dita normativa, e evitar así que moitas vivendas se atopen nunha situación irregular dende o punto de vista urbanístico.

Lembran desde o PP que Monforte de Lemos non conta cun Plan Xeral de Urbanismo e as súas normas nesta materia son do 1 de outubro de 1985. “A cidade evolucionou ao longo de todos estes anos, ata o punto que as actuacións de urbanismo que se están a desenvolver van afectar á súa fisionomía,” sinalan os populares.

“Un dos problemas máis importantes é o crecente número de edificacións expedientadas pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Algunhas non teñen salvación por quebrantar a lexislación actual pero, outras, que levan tempo en construción están situadas en núcleos, que de estar delimitados graficamente nas normas de planeamento, de seguro poderían salvarse de ser sancionadas e incluso non verse afectadas por ordes de derrubamento”, insisten desde o PP.

“Se o Concello fai os deberes, estaremos,” apunta Katy Varela, “a legalizar a situación de moitos veciños”. E é que as normas subsidiarias de planeamento enumeran os núcleos pero non os delimitan gráficamente.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...