HomePolítica"Faltan 200 millóns de euros dos anunciados no corredor ferroviario Lugo-Monforte-Ourense", aseguran...

“Faltan 200 millóns de euros dos anunciados no corredor ferroviario Lugo-Monforte-Ourense”, aseguran os senadores populares na provincia

Os senadores lucenses do PP -Xosé Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manolo Varela e Juan Serrano- seguen os anuncios do Goberno central en relación á modernización e mellora do corredor ferroviario entre Lugo, Monforte e Ourense e aseguran que “10 meses despois de ter anunciado en Monforte un investimento de 546 millóns de euros e cando só falta por licitar a eliminación dos 36 pasos a nivel; o coste da aportación do Ministerio de Transportes para a contratación real das obras será de 302 millóns de euros”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores populares preguntarán ao Goberno central como explica “esa diferenza de máis de 200 millóns de euros con respecto ao orzamento anunciado e a licitación real e se están realizando recortes á costa da seguridade e da modernización e mellora do corredor.”

Os populares explican que “en só 10 meses as adxudicacións nas obras da plataforma da liña -que inclúen o tratamento da infraestrutura e o túnel substitutivo do Oural- contan con baixas do 19% dado que se licitaron 152 millóns de euros, pero só se adxudicaron 77”. 

Os traballos relacionados coa vía sumarán 103M€ e adxudicáronse en 69 millóns de euros con baixas do 9% de media. A electrificación entre Monforte e Lugo coa subestación de Oural e a renovación da liña eléctrica entre Ourense e Monforte consumirán 53 millóns de euros dos que hai adxudicados 27, cunha baixada media dun 18%. Os sistemas de control, mando e sinalización coas telecomunicacións necesitarán 48 millóns de euros que xa se adxudicaron completamente por 38, con baixas medias do 22%. E, finalmente, as obras, instalacións de protección física e seguridade da vía requiren 25 millóns de euros, dos que se adxudicaron 11, cunha baixa media do 38% sobre a cantidade inicialmente anunciada. Deste último apartado só falta licitar a eliminación dos anunciados 36 pasos a nivel.

Os senadores recordan que, con todo, “estas obras non conseguen transformar a liña en alta velocidade (máis de 250 km/h) nin en velocidade alta (apta para máis de 200 km/h); senón que se dirixen a adecuar a vía Lugo-Monforte-Ourense para que sexa segura e estea operativa o maior tempo posible”.

“O motivo polo que Lugo queda á marxe da alta velocidade ferroviaria é que o Ministerio de Transportes rexeitou modificar o trazado actual e eliminou as dúas variantes -que permitirían reducir a distancia uns 15 quilómetros e elevar as velocidades medias dos 75 km/h actuais aos 115 km/h- que permitirían reducir os tempos entre Lugo e Ourense á metade”, remarcan.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...