HomePolíticaOs socialistas de Bóveda aseguran que tiñan solicitado o punto limpo móbil...

Os socialistas de Bóveda aseguran que tiñan solicitado o punto limpo móbil hai 6 meses

A voceira socialista de Bóveda, Carmen Macía, asegura que o Grupo Socialista propuxo no pleno de xuño a posta en servicio dun punto limpio móbil, "como xa tiñan en marcha outros concellos da contorna."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os socialistas, a contestación do Alcalde á proposta socialista naquel pleno, “foi sinalar que a veciñanza xa sabía onde tiña que deixar os residuos, e que todo o mundo estaba informado.” Mentres o Grupo Socialista asegura que insistiu na necesidade de adquirir este equipamento, “sobre todo para facilitar á veciñanza de Bóveda a recollida de todo tipo de enseres, e tamén para evitar a proliferación de pequenos vertedoiros na vila.”

O concello de Bóveda comezou a dispor deste servizo neste mes de xaneiro e pasados 6 meses desde a proposta socialista, Carmen Macía insiste, “Agora comprobamos que o Alcalde tardou seis meses, fíxonos caso e recuou, e puxo en marcha este servizo que nos parece esencial para a veciñanza. Dende o PSdeG parécenos fundamental impulsar iniciativas que contribúen a mellorar a nosa reciclaxe e tamén para mellorar o noso medio ambiente, aínda que ás veces cheguen tarde”.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...