HomePolíticaRecuperar a "convocatoria de concellos", demanda do BNG de Quiroga

Recuperar a “convocatoria de concellos”, demanda do BNG de Quiroga

O BNG de Quiroga leva a pleno a atención do alcalde á veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 25 de febreiro, celébrase pleno muncipal en Quiroga ao que o BNG leva un rogo sobre a atención que o rexedor local dá aos veciños. “Cada vez chégannos máis queixas por falta de atención do alcalde ás veciñas e veciños tanto a nivel particular como colectivo. Por ausencias reiteradas, quizais por mor da súa situación de baixa, e recados non contestados.”

Segundo os nacionalistas, o alcalde, Julio Álvarez, “está abandonando a atención personalizada como era costume e como servizo básico e necesario que entendemos debe ofrecer calquera alcaldía de concellos pequenos como o noso.”

Aseguran tamén que reciben queixas nos núcleos rurais por falta de comunicación de Delegados de Alcaldía coa veciñanza, “unha comunicación básica para poder transmitir as demandas e necesidades dos pobos.” Neste senso cren que se debe recuperar a figura tradicional da ‘convocatoria de concellos’.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...