HomePolíticaO BNG denuncia o desmantelamento do servizo ferroviario en San Clodio-Quiroga

O BNG denuncia o desmantelamento do servizo ferroviario en San Clodio-Quiroga

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia o desmantelamento do servizo ferroviario que conecta as comarcas de Lugo Sul e Valdeorras co resto do País despois da resposta do Goberno do Estado a preguntas rexistradas pola formación nacionalista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rego recrimina a actuación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por ter como prioritario a conexión con Madrid e non a mellora do servizo na mobilidade interna da Galiza e reclama o aumento de frecuencias e enlaces entre os diferentes servizos.

“Estamos vivindo un desmantelamento encuberto dos servizos ferroviarios internos na Galiza por parte do executivo estatal” alerta o deputado nacionalista que mesmo lembra a supresión dos servizos co gallo da pandemia da COVID-19- e que aínda non foron repostos na súa totalidade, agora coa entrada do AVE a Galiza. “O servizo ferroviario do País sufriu unha modificación dos horarios, de novo, en función da demanda externa e dificultando os desprazamentos interiores dos traballadores, estudantes e demais usuarios habituais.,” sinalan.

Exemplo disto é o que acontece co servizo ferroviario San Clodio-Quiroga. A organización nacionalista rexistrou iniciativas na cámara baixa para que o executivo estatal respondese ante a eliminación dos servizos nesta estación como a supresión da conexión polas tarde coas cidade da Coruña e Santiago de Compostela. “O executivo estatal defende a supresión de liñas e conexións como a de San Clodio-Quiroga cando era unha das poucas posibilidades de chegar a Quiroga en transporte público”.

Rego denuncia a hipocrisía do Goberno estatal que di “mellorar a mobilidade rexional” mentres que suprime liñas e frecuencias, así como aumenta o tempo de viaxe nas poucas opcións existentes que conectan A Coruña ou Santiago de Compostela- 13.30h e 14.00h respectivamente- coa estación de San Clodio-Quiroga que chega ás 17.20h. “Máis de catro horas de traxecto para ir até Quiroga frente as dúas horas e media que conleva o traxecto Ourense-Madrid no AVE” denuncia o deputado. “Iso por non mencionar que as persoas usuarias terán que coller dous trens: un AVANT até Ourense, co prezo tan elevado que iso supón, e un tren Media Distancia até San Clodio” critica.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...