InicioPolíticaGarantir itinerarios accesibles para os peóns, demanda de Por Chantada

Garantir itinerarios accesibles para os peóns, demanda de Por Chantada

A Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico das condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados impón a necesidade de garantir o uso e a circulación de forma segura, cómoda, autónoma e continua de todas as persoas polos itinerarios peonís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada lembran que a atención das necesidades das persoas con discapacidade é un principio reitor da política social e económica proclamado na Constitución que obriga, por conseguinte, a todos os poderes públicos e que se inscribe no dereito internacional através da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade de 2006, que España ratifica un ano despois, estabelecendo que os poderes públicos deberán asegurar que as vías públicas sexan accesibles para as persoas con discapacidade.

Por Chantada asegura que en numerosos puntos do casco urbano da localidade “faise patente un incumprimento claro da normativa en materia de accesibilidade, pois existen terrazas instaladas no espazo próximo á liña de fachada sen que exista un pavimento táctil indicador do itinerario peonil substitutivo.”

O Tribunal Supremo en Sentenza 354/2019, do 11 de febreiro, razoa que situacións así supoñen unha limitación do dereito de mobilidade polos espazos públicos das persoas con discapacidade, “que no caso de Chantada alcanza unha intensidade preocupante ao producirse coa total connivencia do Goberno municipal que leva anos adiando o debate e aprobación dunha ordenanza acorde cos tempos, as necesidades e os diferentes intereses en concorrencia, así como adiou sempre adaptar a mobilidade da vila ás persoas con mobilidade reducida,” insisten desde Por Chantada.

Dimensións mínimas dun itenerario peonil accesíbel segundo a lexislación vixente. Fonte: www.oaamb.com

A este respecto Por Chantada presenta unha moción para o vindeiro pleno nas que solicitan:

  • Adoptar o compromiso como Corporación de respectar os dereitos das persoas con discapacidade e garantir a accesibilidade universal dos espazos públicos. 
  • Condicionar as autorizacións á instalación de terrazas a que non se sitúen no espazo inmediato de fachada e a que deixen unha anchura e unha altura libres de paso de 1,8 m e de 2,2 m, respectivamente.
  • Requerir a os estabelecementos que conten con terrazas para que garantan que deixen libre o espazo inmediato á liña de fachada, cunha anchura e cunha altura mínimas de 1,8 m e de 2,2 m, respectivamente.
  • Presentar a pleno, nun máximo de 6 meses, un informe coas actuacións en cumprimento desta moción e os puntos en que o itinerario peonil siga sen ser accesible.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...